martes, 10 de febrero de 2009

A nena bonita de Queixumes dos Pinos


Fai uns días tivo lugar a celebración do 15 aniversario da agrupación Queixumes dos Pinos no café-teatro Xesteira.

Esta agrupación é moi especial para min, porque admiro a labor que fai coas xóvenes xeracións. Traballa especialmente coa xuventude, maiores e pequenos, dándolles a coñecer as nosas tradicións, sobre todo en canto se refire á música e ao baile.

Dende este pequeno rincón meu, envíolles un cariñoso saúdo a tódolos seus integrantes e ás súas familias, e invítovos a todos a coñecer a labor que fan, relamente paga a pena.


domingo, 25 de enero de 2009

O Concello de Ourense agasalla con 300.000 € a Vicepresidencia

As obras que o Concello tiña previsto facer no Fogar do Transeúnte, cun presuposto que ascendía a 600.000 €, cáense do Presuposto ordinario do Concello, que poñía en dito proxecto a metade da inversión, e se lle perdoa a Vicepresidencia da Xunta a outra metade, o 50% restante, que xa non terá que destiñar a esta infraestructura, porque o PSOE decidiu asignala na súa totalidade con cargo ao Fondo de Inversión Municipal.

O Plan do Goberno para sair da crise, o que pretendía é que se realizasen obras que non estaban previstas, e non que o Goberno Municipal sustraia as súas obrigas ordinarias, que deben facerse con cargo ao Presuposto Municipal, ou coa colaboración outras administracións.

A Vicepresidencia ía destiñar 300.000 € a esta obra, pero, gracias ao cambio que houbo na finaciación da infraestructura, eses cartos vainos aforrar.

O lóxico sería que o Concello solicitase á Xunta a redirección deses cartos a outra acción en Ourense, pero a resposta da Concelleira Marga Martín, tan inprecisa, fainos sospeitar que non será así, e que o Concello optou por non pelexar eses cartos e por perdonárllos á Xunta.

miércoles, 21 de enero de 2009

Gracias!!




esta fin de semana tivo lugar a celebración na Adega do Emilio dunha cea-homenaxe a dous afiliados históricos de Ourense: Rogelio e Esperanza. Dous destacados militantes do distrito 5 que eu mesmo presido.

Á cea acudiron antigos alcaldes da cidade coma Don Antonio Caride Tabarés, Don Manuel Cabezas e Don Enrique Novoa, e estivo presidida polos homenaxeados e polo Presidente do Partido Popular de Ourense Xosé Luis Baltar.

Moitos militantes, simpatizantes, amigos e familia quixemos rendir unha homenaxe a estes dous grandes amigos que, durante anos, foron exemplares veciños, queridos por todos, e sempre deron a casa polo noso Partido.

Por todo isto, dende o meu pequeno rincón, tamén quero agradecervos o esforzo feito e o tempo que adicastes ao PP, un tempo que sempre é valioso, e que vós decidistes invertir en sacar adiante as ideas e os valores que defendemos.

Moitas gracias!!

miércoles, 14 de enero de 2009

O X Concurso de Postais de Nadal, todo un éxito


Hoxe tivo lugar o fallo do xurado do X Concurso de Tarxetas de Nadal que un ano mais organizaron conxuntamente a Asociación de veciños Carlasca, Asociación Cultural e a Asociación Xuvenil Karlaska.

Neste concurso participaron un total de 152 postais dos nenos do CEIP Manuel Luis Acuña, IES A Carballeira, Colexio Luis Vives e da Biblioteca Municipal A Carballeira.

O xurado estivo composto por representantes dos distintos grupos políticos, entre os que se atopaba este servidor coma membro do PP, por un mestre do CEIP Manuel Luis Auña, por un representante da A.VV Limiar, un monitor da Biblioteca Municipal, un representante da A.VV Arranxar, e un profesor do IES A Carballeira.

Éste é un concurso no que participan como colaboradoras diversas entidades, como a Deputación Provincial, o Centro social Ponte Pelamios ou a Federación de Veciños Limiar.

Sempre é unha satisfacción ter participación nestes eventos que fomentan a participación xuvenil en temas culturais.

Non é a solución...


A Praza das Mercedes é un lugar concorrido as fins de semana polos xóvenes ourensanos para practicar o botellón, ocasionando as molestias aos veciños que residen na zona.

Como solución máxica, o Alcalde decidiu precintala como medida para combatir este fenómeno que reune a decenas de xóvenes para consumir alcohol.

Na miña opinión, esta medida é coxuntural e pouco efectiva, xa que non creo que o Alcalde destaque de forma permanente uns efectivos da policía Local na Praza das Mercedes tódalas fins de semana.

Con isto quero dicir que para os veciños da zona, se lles está ofertando un alivio temporal, pero non unha solución definitiva a este problema.

Dende o Partido Popular se plantexáronse numerosas accións, unhas encamiñadas á prevención do consumo de alcohol entre os menores, e outras destiñadas a garantizar os dereitos dos veciños. Pero son accións que requiren dun amplo consenso social, incluindo o acordo con xóvenes.

Non quero recordar agora a xustifiación que daba a Concellería de xuventude ao fenómeno do botellón, cando sinalaba que era a resposta ao garrafón que ofertaban algúns locais nocturnos, atacando así á profesionalidade dos hosteleiros de Ourense.

O certo é que o Alcalde ten que convocarnos a tódolos grupos e a tódolos axentes sociais para abordar esta cuestión dun xeito dialogado, que será a única vía posible para atopar unha solución integral, que ten que incluir a existencia de alternativas aos xóvenes para o seu ocio.