miércoles, 14 de enero de 2009

Non é a solución...


A Praza das Mercedes é un lugar concorrido as fins de semana polos xóvenes ourensanos para practicar o botellón, ocasionando as molestias aos veciños que residen na zona.

Como solución máxica, o Alcalde decidiu precintala como medida para combatir este fenómeno que reune a decenas de xóvenes para consumir alcohol.

Na miña opinión, esta medida é coxuntural e pouco efectiva, xa que non creo que o Alcalde destaque de forma permanente uns efectivos da policía Local na Praza das Mercedes tódalas fins de semana.

Con isto quero dicir que para os veciños da zona, se lles está ofertando un alivio temporal, pero non unha solución definitiva a este problema.

Dende o Partido Popular se plantexáronse numerosas accións, unhas encamiñadas á prevención do consumo de alcohol entre os menores, e outras destiñadas a garantizar os dereitos dos veciños. Pero son accións que requiren dun amplo consenso social, incluindo o acordo con xóvenes.

Non quero recordar agora a xustifiación que daba a Concellería de xuventude ao fenómeno do botellón, cando sinalaba que era a resposta ao garrafón que ofertaban algúns locais nocturnos, atacando así á profesionalidade dos hosteleiros de Ourense.

O certo é que o Alcalde ten que convocarnos a tódolos grupos e a tódolos axentes sociais para abordar esta cuestión dun xeito dialogado, que será a única vía posible para atopar unha solución integral, que ten que incluir a existencia de alternativas aos xóvenes para o seu ocio.

No hay comentarios: