Esta mañá asistín á rolda de prensa que deu o noso Voceiro no Concello, para facer unha valoración da nefasta xestión da Xunta de Galicia en Ourense durante estes catro anos.
Nela, recordouse o incumprimento de todas e cada unha das promesas e grandes proxectos que tiñan para a nosa cidade, véxase a Autovía Ourense-Lugo, a circunvalación de Ourense, as vivendas de protección oficial, o Cluster da auga, ou o servizo de transporte metropolitano.
En ningún momento foi un goberno sensibilizado coas áreas mais importantes para os cidadáns, como son a educación, a sanidade, e os postos de traballo.
En conclusión, poderiamos dicir que ésta foi a lexislatura das grandes campañas de comunicación e venta, pero non e feitos e materializacións.
Entre os asistentes á rolda, ademais de Enrique Novoa e os meus compañeiros Aurelio Gómez e Francisco Javier Rodríguez-Novoa, atopábase o noso Deputado Nacional Celso Delgado Arce, que non deixou pasar a ocasión de analizar o índice de desemprego e o estado de abandono no que se atopa Ourense. Agardemos que Zapatero, que ven visitar Ourense o domingo, sexa quén de recoñecer que nos ten esquecidos e por fin faga algo, agora que se achegan as eleccións seguro que aproveitará.

No hay comentarios:
Publicar un comentario