martes, 13 de enero de 2009

O Bipartito fai que reventen as tuberías

Os veciños de Ourense están pagando as consecuencias da falla de entendemento no Bipartito, e o reventón da rúa Serra Martiñá é unha proba.

Así o fixo saber Enrique Nóvoa, o noso Voceiro Municipal, quen recorda que fai poucos meses, nesa mesma avenida, estivéronse realizando obras de mellora das beirarúas.

"Durante 12 anos, nós aproveitabamos as obras de mellora do pavimento das rúas para sustituir as vellas tuberías de auga, e cando era preciso, as de alcantarillado. Desa maneira, pouco a pouco, e sen sobrecusto para o erario municipal, iamos modernizando a rede de abastecemento da cidade. O actual Bipartito repartiuse en dous as competencias de infraestructuras e rede de abastecemento de auga, quedando unha en mans do BNG e outra en mans do PSOE, e son incapaces de poñerse dacordo para fecer obras conxuntamente."

"O reventón de Serra Martiñá teríase evitado simplemente con que o Alcalde e os seus Concelleiros gobernasen con sentido común".

Enrique Nóvoa aproveitou tamén para recordar que a Ministra de Medio Ambiente leva 3 anos de retraso na aplicación do convenio co Concello para a modernización da rede de abastecemento de auga a Ourense.

No hay comentarios: