viernes, 20 de febrero de 2009
martes, 10 de febrero de 2009
A nena bonita de Queixumes dos Pinos

Fai uns días tivo lugar a celebración do 15 aniversario da agrupación Queixumes dos Pinos no café-teatro Xesteira.
Esta agrupación é moi especial para min, porque admiro a labor que fai coas xóvenes xeracións. Traballa especialmente coa xuventude, maiores e pequenos, dándolles a coñecer as nosas tradicións, sobre todo en canto se refire á música e ao baile.
Dende este pequeno rincón meu, envíolles un cariñoso saúdo a tódolos seus integrantes e ás súas familias, e invítovos a todos a coñecer a labor que fan, relamente paga a pena.

Etiquetas:
asociacións,
Ourense,
Queixumes dos Pinos
domingo, 8 de febrero de 2009
domingo, 25 de enero de 2009
O Concello de Ourense agasalla con 300.000 € a Vicepresidencia
As obras que o Concello tiña previsto facer no Fogar do Transeúnte, cun presuposto que ascendía a 600.000 €, cáense do Presuposto ordinario do Concello, que poñía en dito proxecto a metade da inversión, e se lle perdoa a Vicepresidencia da Xunta a outra metade, o 50% restante, que xa non terá que destiñar a esta infraestructura, porque o PSOE decidiu asignala na súa totalidade con cargo ao Fondo de Inversión Municipal.
O Plan do Goberno para sair da crise, o que pretendía é que se realizasen obras que non estaban previstas, e non que o Goberno Municipal sustraia as súas obrigas ordinarias, que deben facerse con cargo ao Presuposto Municipal, ou coa colaboración outras administracións.
A Vicepresidencia ía destiñar 300.000 € a esta obra, pero, gracias ao cambio que houbo na finaciación da infraestructura, eses cartos vainos aforrar.
O lóxico sería que o Concello solicitase á Xunta a redirección deses cartos a outra acción en Ourense, pero a resposta da Concelleira Marga Martín, tan inprecisa, fainos sospeitar que non será así, e que o Concello optou por non pelexar eses cartos e por perdonárllos á Xunta.

miércoles, 21 de enero de 2009
Gracias!!
esta fin de semana tivo lugar a celebración na Adega do Emilio dunha cea-homenaxe a dous afiliados históricos de Ourense: Rogelio e Esperanza. Dous destacados militantes do distrito 5 que eu mesmo presido.
Á cea acudiron antigos alcaldes da cidade coma Don Antonio Caride Tabarés, Don Manuel Cabezas e Don Enrique Novoa, e estivo presidida polos homenaxeados e polo Presidente do Partido Popular de Ourense Xosé Luis Baltar.
Moitos militantes, simpatizantes, amigos e familia quixemos rendir unha homenaxe a estes dous grandes amigos que, durante anos, foron exemplares veciños, queridos por todos, e sempre deron a casa polo noso Partido.
Por todo isto, dende o meu pequeno rincón, tamén quero agradecervos o esforzo feito e o tempo que adicastes ao PP, un tempo que sempre é valioso, e que vós decidistes invertir en sacar adiante as ideas e os valores que defendemos.
Moitas gracias!!
miércoles, 14 de enero de 2009
O X Concurso de Postais de Nadal, todo un éxito
Hoxe tivo lugar o fallo do xurado do X Concurso de Tarxetas de Nadal que un ano mais organizaron conxuntamente a Asociación de veciños Carlasca, Asociación Cultural e a Asociación Xuvenil Karlaska.
Neste concurso participaron un total de 152 postais dos nenos do CEIP Manuel Luis Acuña, IES A Carballeira, Colexio Luis Vives e da Biblioteca Municipal A Carballeira.
O xurado estivo composto por representantes dos distintos grupos políticos, entre os que se atopaba este servidor coma membro do PP, por un mestre do CEIP Manuel Luis Auña, por un representante da A.VV Limiar, un monitor da Biblioteca Municipal, un representante da A.VV Arranxar, e un profesor do IES A Carballeira.
Éste é un concurso no que participan como colaboradoras diversas entidades, como a Deputación Provincial, o Centro social Ponte Pelamios ou a Federación de Veciños Limiar.
Sempre é unha satisfacción ter participación nestes eventos que fomentan a participación xuvenil en temas culturais.
Non é a solución...

A Praza das Mercedes é un lugar concorrido as fins de semana polos xóvenes ourensanos para practicar o botellón, ocasionando as molestias aos veciños que residen na zona.
Como solución máxica, o Alcalde decidiu precintala como medida para combatir este fenómeno que reune a decenas de xóvenes para consumir alcohol.
Na miña opinión, esta medida é coxuntural e pouco efectiva, xa que non creo que o Alcalde destaque de forma permanente uns efectivos da policía Local na Praza das Mercedes tódalas fins de semana.
Con isto quero dicir que para os veciños da zona, se lles está ofertando un alivio temporal, pero non unha solución definitiva a este problema.
Dende o Partido Popular se plantexáronse numerosas accións, unhas encamiñadas á prevención do consumo de alcohol entre os menores, e outras destiñadas a garantizar os dereitos dos veciños. Pero son accións que requiren dun amplo consenso social, incluindo o acordo con xóvenes.
Non quero recordar agora a xustifiación que daba a Concellería de xuventude ao fenómeno do botellón, cando sinalaba que era a resposta ao garrafón que ofertaban algúns locais nocturnos, atacando así á profesionalidade dos hosteleiros de Ourense.
O certo é que o Alcalde ten que convocarnos a tódolos grupos e a tódolos axentes sociais para abordar esta cuestión dun xeito dialogado, que será a única vía posible para atopar unha solución integral, que ten que incluir a existencia de alternativas aos xóvenes para o seu ocio.

martes, 13 de enero de 2009
O Bipartito fai que reventen as tuberías
Os veciños de Ourense están pagando as consecuencias da falla de entendemento no Bipartito, e o reventón da rúa Serra Martiñá é unha proba.
Así o fixo saber Enrique Nóvoa, o noso Voceiro Municipal, quen recorda que fai poucos meses, nesa mesma avenida, estivéronse realizando obras de mellora das beirarúas.
"Durante 12 anos, nós aproveitabamos as obras de mellora do pavimento das rúas para sustituir as vellas tuberías de auga, e cando era preciso, as de alcantarillado. Desa maneira, pouco a pouco, e sen sobrecusto para o erario municipal, iamos modernizando a rede de abastecemento da cidade. O actual Bipartito repartiuse en dous as competencias de infraestructuras e rede de abastecemento de auga, quedando unha en mans do BNG e outra en mans do PSOE, e son incapaces de poñerse dacordo para fecer obras conxuntamente."
"O reventón de Serra Martiñá teríase evitado simplemente con que o Alcalde e os seus Concelleiros gobernasen con sentido común".
Enrique Nóvoa aproveitou tamén para recordar que a Ministra de Medio Ambiente leva 3 anos de retraso na aplicación do convenio co Concello para a modernización da rede de abastecemento de auga a Ourense.

lunes, 12 de enero de 2009
O mítin de ZP en Ourense ben valía para Cuenca

A visita de Zapatero a Ourense creou expectativas que queraron en meras ilusións.
Se un presidente viaxa a unha cidade, é lóxico que fale daqueles asuntos que afectan aos cidadáns, e a súa visita creou expectativas porque hai moitos asuntos pendentes en Ourense: San Francisco, o AVE a Madrid, a depuradora, a Autovía a Lugo, o termalismo, o xulgado de violencia de xénero, os centros de saúde,... pero non dixo nada do que nos interesaba escoitar. Non dixo nada do que nos interesa aos ourensanos, porque é incapaz de cumprir nin unha soa das promesas que ten pensentes con Ourense dende que tomou posesión no 2004. E así o manifestou o noso Voceiro nunha rolde de prensa, deixando patente que o discurso de Zapatero ben puido dalo en Cuenca.
E así ponse de manifesto a escasa credibilidade so PSOE en Ourense, onde o actual goberno Bipartito da Xunta non investiu nin un só euro en catro anos de mandato que acaba de concluir. E onde un Alcalde que carece de peso no seu propio partido e cunha palabra que vale cada día menos, non é capaz de arrancar un compromiso ao Presidente do Goberno nin sequera o día que ven á nosa cidade...

viernes, 9 de enero de 2009
Valoración da xestión da Xunta de Galicia en Ourense
Esta mañá asistín á rolda de prensa que deu o noso Voceiro no Concello, para facer unha valoración da nefasta xestión da Xunta de Galicia en Ourense durante estes catro anos.
Nela, recordouse o incumprimento de todas e cada unha das promesas e grandes proxectos que tiñan para a nosa cidade, véxase a Autovía Ourense-Lugo, a circunvalación de Ourense, as vivendas de protección oficial, o Cluster da auga, ou o servizo de transporte metropolitano.
En ningún momento foi un goberno sensibilizado coas áreas mais importantes para os cidadáns, como son a educación, a sanidade, e os postos de traballo.
En conclusión, poderiamos dicir que ésta foi a lexislatura das grandes campañas de comunicación e venta, pero non e feitos e materializacións.
Entre os asistentes á rolda, ademais de Enrique Novoa e os meus compañeiros Aurelio Gómez e Francisco Javier Rodríguez-Novoa, atopábase o noso Deputado Nacional Celso Delgado Arce, que non deixou pasar a ocasión de analizar o índice de desemprego e o estado de abandono no que se atopa Ourense. Agardemos que Zapatero, que ven visitar Ourense o domingo, sexa quén de recoñecer que nos ten esquecidos e por fin faga algo, agora que se achegan as eleccións seguro que aproveitará.

Tra-las vacación de Nadal, novo comezo
Hoxe comeza unha nova temporada de tertulias acompañado polos meus compañeiros de micrófono na cadena Cope, á que agradezo de xeito especial que me teña escollido como un dos seus incondicionais a ter en conta para verter a miña opinión sobre tantos e tantos temas que tocamos nas mañás dos venres.
Temas que non só son tratados con seriedade cando é menester, senón que ademais permiten notas de humor para facer mais levadeiro o espazo de tempo que compartimos os tertulianos e o moderador (Vidal López).

miércoles, 7 de enero de 2009
Este Nadal repartimos alegrías
Este Nadal foi todo o enriquecedor que podía agardar. Síntome especialmente orgulloso de ter a oportunidade de participar coma rey, na visita ao Asilo de anciáns de San José de Ourense.
O rey Melchor calou neste Concelleiro, que foi quen de poñerse a barba branca por unha tarde, a tarde da víspera de Reis, e alegrar un pouco o día aos residentes, repartindo chocolatinas e un pouco de alegría nas súas vidas.
É unha experiencia sen parangón que recomendo a todo aquel que teña a oportunidade. Dende logo, en datas de ledicia, é realmente gratificante facer sentir mellor aos demais, sobre todo cando se atopan na situación na que se atopan os anciáns do Asilo de San José.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)