A miña vida transcurre en Ourense, cidade na que participo activamente, como cidadán en tódalas actividades que me son posibles, e como político. Pero o meu nacemento prodúxose en Francia, país onde os meus pais traballaban naquel momento.
Estou diplomado en Ciencias Empresariais e a miña vida laboral xira entorno á empresa privada. Actualmente son director de formación da Fundación Andrea Gómez.
Estou felizmente casado, sendo unha das cousas que mais valoro o poder pasar tempo coa miña familia e amigos.
1 comentario:
Publicar un comentario