martes, 9 de diciembre de 2008

Amigos dos anos 60-70

Vivimos nun tempo no que parece que as cousas caducan antes que os iogures. Inventan novos aparatos tecnolóxicos tan depresa que, antes de que aprendamos a manexar un, xa está inventado outro mais sofisticado, con mais funcións e cun deseño innovador.

Perante tanta modernidade, ás veces un sinte a necesidade de botar unha ollada atrás, a aqueles anos nos que todo era sinxelo, a aquela época na que a última moda eran os pantalóns de campana e as melenas nos homes rachaban coa decencia recatada duns tempos nos que o mundo comezaba a berrar por un cambio.

Precisamente, a eses tempos permítenos viaxar unha asociación á que me gustaría facer mención no meu pequeno recuncho cibernético (unha contradicción que fagamos apoloxía do pasado dende os medios que nos brinda o presente, ¿non?).

O seu mérito é brindar a posibilidade de saborear a esencia dos anos 60 e 70 hoxe, no século XXI. Rememorar a súa música, a súa estética, é algo que fai que nós, os habitantes dos anos 2000, poidamos pechar os ollos e viaxar á nosa infancia, adolescencia, e xuventude, onde as nosas vidas trascurrían a golpe de "Let it be".

Paga a pena pararse uns minutos e coñecer o que se oferta aquí:
http://amigosdos60-70.blogspot.com/


Precisamente, este sábado tivo lugar unha xuntanza organizada por esta asociación, que consistiu nunha cea e nun posterior concerto duns imitadores dos Beatles que fixeron a mais de un emocionarse cos temas clásicos e tocados maxistralmente.

Sen dúbida, encontros así pagan a pena sempre.

No hay comentarios: