"O tenente de Alcalde non está localizable e non lles podo facilitar a información sen o seu permiso". Con estas palabras se escudou o persoal da oficina do Festival de Cine de Ourense para negarnos a min e á miña compañeira do grupo Municipal Mónica Mourelo, a información relativa aos patrocinadores e colaboradores dese festival, así como as aportacións económicas que farían.
Non se pode ser mais retorcido buscando a maneira de negarnos a información.
Xa recurrimos á Concellería de Cultura, á Tenencia de Alcaldía, ao Alcalde e ao Pleno da Corporación para que nos facilitasen a información.
O certo é que, contra o establecido na lexislación vixente, de que pasados 5 días sen contestación, o solicitante dunha información a ten concedida por silencio administrativo, o BNG segue ocultándolle ao Partido Popular, a relación de patrocinadores e colaboradores públicos e privados, así como a contía e natureza da súa aportación ao festival.
Está claro que se tanto se empeñan en que non saibamos, é que algo teñen que ocultar...
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)

No hay comentarios:
Publicar un comentario