O día 5 de decembro, o noso compañeiro de Corporación, Odilo Masid, tivo o detalle de invitarnos a unha comida con motivo da súa xubilación empresarial, que non política.
O noso compañeiro, demostrou a súa capacidade de convocatoria ao reunir por primeira vez a tódolos Concelleiros do Partido Popular que compartiron con él Corporación Municipal dende o ano 1995.
Unha vez mais púxose de manifesto o bo facer e a calidade humana deste compañeiro que soubo gañar o cariño dos veciño, a amizade dos seus compañeiros e o respeto dos seus adversarios.
Está claro que, aínda que Odilo puxera punto e final á súa actividade laboral, Ourense terá aínda moitos anos de Concelleiro e exemplo político.

No hay comentarios:
Publicar un comentario